Colectivo Audiovisual

LENTES DIVERXENTES

Sobre nósSaber máis

Moita xente miúda en lugares pequenos facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo

Eduardo Galeano

Somos un colectivo audiovisual sen ánimo de lucro centrados na elaboración de proxectos documentais que contribúan á divulgación dos conflitos sociais da nosa contorna, á difusión do noso patrimonio cultural, material e inmaterial, e á defensa do medio en que vivimos.

Cremos que o propósito da comunicación social debe ser transformar o mundo e contribuír ao cambio cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. Buscamos ser un altofalante da cidadanía invisible do país que precisa verse dignificada e e ser parte activa desta sociedade.

Fran Piñeiro
Imaxe

“O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos.”

Castelao

Susana S. Recouso
Guión

“Non sería estraño que en Marte houbera civilización, pero se cadra chegou o capitalismo e rematou co planeta.”

Hugo Chavez

Pablo Santiago
Imaxe

“A idea de dirixir unha película é un invento dos críticos: toda a elocuencia do cine acádase na sala de montaxe.”

Orson Welles

Emilio Carral
Edición

O que din de nós

O traballo solidario de Lentes Diverxentes foi unha contribución inestimable á campaña “Badaladas para a prevención do suicidio” impulsada polo Movemento Galego da Saúde Mental. Grazas ao seu esforzo comprometido puidemos dispor de dous vídeos fundamentais: o primeiro converteuse no gran argumento para a prevención e no noso mellor instrumento para a concienciación social e a denuncia da pasividade do Goberno Autonómico. O segundo, na memoria que deixa documentada unha mobilización social que logrou conseguir que a Xunta de Galicia asumira formalmente, coa elaboración e coa publicación do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia, a súa responsabilidade na prevención dun dos máis graves problemas de saúde pública que padece a nosa comunidade. Só podemos agradecer ter traballado con vós.

Miguel Anxo García Álvarez (Voceiro do Movemento Galego de Saúde Mental)

QUE DIN DE NÓS

Como dixera Sigmund Freud “podemos defendernos dos ataques mais contra os eloxios estamos indefensos” por iso vimos dicirvos hoxe: Seguide así: nada de eloxios e por suposto convosco, incondicionais ante os ataques veñan de onde veñan. Miramos ao noso arredor, observamos, analizamos, elaboramos estratexias, facemos chamamentos, convocamos e actuamos na procura dun mundo mellor e máis xusto e ao cabo… somos pesimistas. Mais cando miramos para o que facedes vós e vos sentimos de preto, moi a carón noso, a sensación muda. Cargamos as nosas baterías e de novo torna o optimismo. Seguimos. Seguide así!

XOSÉ CARLOS COSTOYA (Marchas da Dignidade)

CONTACTO

Teléfono
+34 649 50 87 31
CORREO
lentes.diverxentes@gmail.com


He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Privacidad.

Declaro, bajo mi propia responsabilidad, ser mayor de 18 años y respondo de manera exclusiva de la veracidad de dicha declaración.

Acepto recibir la información que la entidad considere oportuno enviarme por correo electrónico o medio de comunicación electrónica equivalente. (Es posible darse de baja en cualquier momento).

Todos os campos son requiridos