Vertedoiro Grixoa

Inicio / Vertedoiro Grixoa

 


 

Ficha técnica

Guión e dirección: Montse Montaos e Emilio Carral

Produción: Lentes Diverxentes

Imaxe: Fran Piñeiro

Montaxe: Emilio Carral

Data: 15 Maio, 2018

Un día os veciños da parroquia compostelá de Grixoa subiron a un monte no que sospeitaban que algo non se estaba a facer ben... O proxecto de rexeneración da vella canteira parecía outra cousa. O vertedoiro de Miramontes foi aprobado en 2008, e desde aquela sufriu múltiples modificacións e ampliacións do tipo de residuos que alí chegan e que, supostamente, son tratados.
Os veciños constituíron unha plataforma de afectados e denuncian os cheiros, filtracións contaminantes e unha actividade que se veu multiplicando nos últimos tempos e que calculan polas ducias de camións diarios que pasan cara a un monte que ten viviendas a escasos 400 metros. A loita contra o lixo e a contaminación continúa viva nesta parroquia e vai gañando algunhas batallas: esta é a súa historia, un exemplo dos conflitos que provoca a presunta xestión dos residuos.

 Anterior  Todos os proxectos Seguinte