Política de privacidade e condicións de uso de www.lentesdiverxentes.com
Resumo
Esta web pertence a : Asociación Audiovisual Lentes Diverxentes.
Propiedade intelectual: Asociación Audiovisual Lentes Diverxentes.
Datos recompilados: Os xerados pola navegación na web e as consultas feitas a través do seu formulario.
Contacto: lentes.diverxentes@gmail.com
1.- Titularidade
Esta web pertence a Asociación Audiovisual Lentes Diverxentes (no sucesivo «Lentes Diverxentes»), con domicilio na Rúa Monte dos Postes 10 4ºD, CP 15703, Santiago de Compostela (A Coruña – España) e co CIF: G-70456280.
Se queres poñerte en contacto connosco envíanos un correo electrónico a: lentes.diverxentes@gmail.com
Se decides seguir navegando pola nosa web considerarémoste un usuario da mesma, que liches e aceptaches o contido deste documento.
2.- Descrición do Servizo
Neste apartado contámosche que é o que podes atopar na nosa web. Como poderás observar, xa na pantalla de benvida se che presentan varias seccións nas que contamos:
- Que somos unha asociación sen ánimo de lucro que fai traballos audiovisuais de interese social.
- Quen forma parte do equipo.
- En que andamos metidos ultimamente.
- Cales son os nosos proxectos.
- Como podes contactar con nós.
Se te fixas, na parte superior dereita da nosa web atoparás unha barra de navegación con lapelas para acceder ás diferentes seccións.
3.- Ligazóns externas
En ocasións pode que poñamos enlaces na nosa web, xa sexa na información xeral, nunha entrada do blog (que estrearemos proximamente), nos diferentes proxectos ou neste propio documento, como por exemplo as das páxinas web das entidades coas que colaboramos.
Porén, Lentes Diverxentes non exerce ningún tipo de control sobre esas outras páxinas web ou sobre o seu contido. De feito esas páxinas web rexeranse polos seus propios termos e condicións. Lentes Diverxentes non ten ningún tipo de vinculación ou asociación con esas terceiras páxinas web, nin asume ningún tipo de responsabilidade, nin garante a súa dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude ou veracidade.
No portfolio de Lentes Diverxentes poderás atopar un enlace á páxina web dun dos nosos proxectos: www.angroisnoesquecemento.com. Esta páxina web é tamén titularidade de Lentes Diverxentes e réxese polos mesmos termos e condicións.
4.- Propiedade intelectual e industrial
Lentes Diverxentes é a propietaria ou licenciataria de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do seu sitio web, así coma dos elementos contidos nela.
Polo tanto, está expresamente prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación de todo ou parte dos contidos deste sitio web, con fins comerciais, en calquera medio e por calquera medio técnico, sen a autorización de Lentes Diverxentes.
En calquera caso, os contidos da web (e do futuro blog) están suxeito a unha licencia Atribución-Non comercial-Sen obra derivada 3.0 Sen adaptar (CC BY-NC-ND 3.0)
5.- Protección de datos
Lentes Diverxentes cumpre coas diretrices da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e so seus regramentos de aplicación.
Neste sentido, garante o uso e o tratamento correctos dos datos persoais recollidos polo usuario, principalmente a través de correos electrónicos de contacto e datos recollidos automaticamente, coma a IP desde a que accedes ao servizo. Estes datos só se procesan con fins de control estatístico, suministro do servicio solicitado e resposta ás consultas realizadas.
O usuario pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (ARCO) aos seus datos persoais por correo postal en: Rúa Monte dos Postes 10, 4ºD, CP 15703, Santiago de Compostela (A Coruña – España) ou ben por correo electrónico a lentes.diverxentes@gmail.com.
Para iso debe indicar nome, apelidos, e achegar ademais unha copia do seu documento de identidade.
Aquí podes atopar algúns modelos para facelo.
6.- Responsabilidade
Na medida permitida pola lei, Lentes Diverxentes non será responsable de:
a) erros ou omisións nos contidos
b) falta de dispoñibilidade da web
c) a transmisión de programas maliciosos nos contidos, a pesares de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
7.- Cookies
Unha cookie é un arquivo de texto que se envía ao navegador web do teu dispositivo (ordenador portatil ou de sobremesa, móbil ou tablet, SmartTV, …) e que se emprega para almacenar e recuperar información sobre a navegación realizada.
Se queres saber que tipo de cookies empregamos e como desactivalas por favor visita a nosa política de cookies.
8.- Modificacións
Lentes Diverxentes resérvase o dereito de facer calquera modificación que considere apropiada no seu sitio web sen previo aviso, podendo cambiar, borrar ou agregar tanto os contidos e servizos proporcionados a través del como a forma en que aparecen presentados.
Non obstante ao anterior, estes termos e condicións poden cambiar en calquera momento. As modificacións entrarán en vigor desde o momento da súa publicación.
Este documento foi revisado por última vez o día 17 de maio de 2018.