As marchas da dignidade

Inicio / As marchas da dignidade
22 Marzo 2014
21 Xuño 2014
Novembro 2014
29 Novembro 2014
16-17 Xaneiro 2015
Outubro 2015
Cara o 24-O
26 Maio 2016
3 Decembro 2017

22 Marzo 2014

O TREN GALEGO DA DIGNIDADE

A Columna Galega marcha a Madrid no Tren da Dignidade para unirse ao reclamo de “Pan, traballo e teito”. Unha viaxe na que confluíron movementos sociais, sindicatos minoritarios, partidos políticos, colectivos profesionais e cidadáns a título individual para esixir unha vida digna para todos e todas. O obxectivo deste vídeo non é outro que amosar esta mobilización cidadá, tamén dos galegos, darlles voz a aqueles que reclaman un cambio de réxime e o empoderamento social. Só quixemos acabar co silenciamento informativo dunha mobilización multitudinaria, sen centrar o discurso na guerra de cifras ou nuns altercados que ensombrecen a loita cidadá polos dereitos fundamentais.

 

21 Xuño 2014

RODEA O PARLAMENTO. SANTIAGO DE COMPOSTELA

“O parlamento galego e os demais parlamentos de todo o estado español, foron secuestrados polas mafias financeiras, e coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios PP e PSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que as favorecen cando gobernan. Os parlamentos do estado non están ao servizo das persoas, non fan o seu labor de representar a vontade popular, só serven aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso.”

Novembro 2014

OCUPEMOS O OBRADOIRO. CONVOCATORIA.

O 29 de Novembro de 2014 as Marchas da Dignidade ocuparon a praza do Obradoiro para reclamar “PAN, TRABALLO E TEITO”. As organizacións sociais, sindicais e políticas facían neste vídeo un chamamento á cidadanía galega para que saíran á rúa a reclamar o que lle pertence.

29 Novembro 2014

O OBRADOIRO OCUPADO

16-17 Xaneiro 2015

ASEMBLEA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN CANGAS

A asemblea de coordinación a nivel estatal das Marchas da Dignidade reuniuse en Cangas do Morrazo a fin de semana do 17 de xaneiro para preparar a axenda de mobilizacións deseñada para o 2015.

Outubro 2015

CAMIÑANDO AO OBRADOIRO

Divulgando a convocatoria do 24 O no Obradoiro

Cara o 24-O

26 Maio 2016

A MURALLA DA DIGNIDADE

3 Decembro 2017

EU TAMÉN SON EMILIO CAO

Lentes Diverxentes estivo nas Marchas da Dignidade e tamén se solidariza con Emilio Cao, que acudiu á marcha do 22 de marzo de 2014 e foi detido tras unha carga policial. A fiscalía pediu para el cinco anos de cadea.