Ficha técnica
Guión e dirección: Susana S. Recouso
Produción: Lentes Diverxentes
Imaxe: Fran Piñeiro
Montaxe: Emilio Carral
En colaboración con: Movemento Galego da Saúde Mental
Web: movementogalegosaudemental.gal
Data: 3 Maio, 2016
En 2011 a Organización Mundial da Saúde advertiu dos riscos que a crise económica creaba para a saúde mental das poboacións e do incremento de suicidios. O Movemento Galego da Saúde Mental desenvolveu en 2016 a campaña Badaladas pola Prevención do Suicidio para reclamar a necesidade dun Plan Galego de Prevención.
Lentes Diverxentes elaborou os vídeos desa campaña que denunciou un dos graves problemas de saúde pública que padece o país e que non está a ser atendido debidamente pola Administración. Ese ano o número de mortes por esta causa foi de 345 persoas en Galicia, 25 persoas máis ca en 2015.