Ficha técnica
Guión e dirección: Susana S. Recouso e Emilio Carral
Produción: Lentes Diverxentes
Imaxe: Fran Piñeiro e Marcos Budiño
Montaxe: Emilio Carral
Data: 24 Xullo, 2015
Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 0455 en Santiago de Compostela, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo en Angrois seguen no pensamento dos que lles tocou esta alí que van vendo como o accidente queda no esquecemento das institucións.
Vítimas e familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental. Tratan de superar aquela data mentres reclaman que se esclareza a verdade sobre o sucedido, se cree unha comisión de investigación no Parlamento e se depuren as responsabilidades políticas.