Ficha técnica
Guión e dirección: Susana S. Recouso e Emilio Carral
Produción: Lentes Diverxentes
Imaxe: Fran Piñeiro
Montaxe: Emilio Carral
Data: 22 Marzo, 2014
En marzo de 2014 a Columna Galega das Marchas da Dignidade composta por dous milleiros de galegos de diferentes colectivos, movementos sociais, sindicais e políticos viaxa a Madrid para reclamar PAN, TRABALLO E TEITO.
Lentes Diverxentes forma parte desa travesía e de todas as mobilizacións sostidas no tempo que desde aquela se celebraron tanto en Galicia como a nivel estatal para esixir a defensa dos servizos públicos, a fin dos recortes sociais e a derogación de lexislacións represivas como a Lei Mordaza.