Exhumacións

Inicio / Exhumacións
Ficha técnica

Estado: Proxecto en elaboración

Data: 24 Outubro, 2016

A nosa Memoria recente, a dos nosos pais e avós que viviron unha ditadura definida pola Asemblea Xeral da ONU como de carácter fascista segue agochada debaixo da terra. A conta atrás para a recollida dos testemuños vivos dos anos da posguerra corre na nosa contra. As lembranzas dos arredor de 5.000 asasinatos franquistas documentados en Galicia e das 14.000 vítimas da represión esmorecen mentres os corpos continúan nas “cunetas”, nos cemiterios e en lugares dos que xa non se fala.
O Estado incumpre o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos ao non investigar as desaparicións forzosas e tampouco asume as exhumacións reclamadas polas familias que quedan nas mans das asociacións da memoria histórica. Eses corpos que aínda quedan sen un digno repouso, esa historia agochada e silenciada e eses lugares da represión nos que seguimos convivindo son os que Lentes Diverxentes quere sacar á luz para promover a reflexión do que é o noso pasado e segue marcando o noso presente.

 Anterior  Todos os proxectos Seguinte