22 Marzo 2014

Inicio / 22 Marzo 2014

O TREN GALEGO DA DIGNIDADE

A Columna Galega marcha a Madrid no Tren da Dignidade para unirse ao reclamo de “Pan, traballo e teito”. Unha viaxe na que confluíron movementos sociais, sindicatos minoritarios, partidos políticos, colectivos profesionais e cidadáns a título individual para esixir unha vida digna para todos e todas. O obxectivo deste vídeo non é outro que amosar esta mobilización cidadá, tamén dos galegos, darlles voz a aqueles que reclaman un cambio de réxime e o empoderamento social. Só quixemos acabar co silenciamento informativo dunha mobilización multitudinaria, sen centrar o discurso na guerra de cifras ou nuns altercados que ensombrecen a loita cidadá polos dereitos fundamentais.