21 Xuño 2014

Inicio / 21 Xuño 2014

RODEA O PARLAMENTO. SANTIAGO DE COMPOSTELA

“O parlamento galego e os demais parlamentos de todo o estado español, foron secuestrados polas mafias financeiras, e coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios PP e PSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que as favorecen cando gobernan. Os parlamentos do estado non están ao servizo das persoas, non fan o seu labor de representar a vontade popular, só serven aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso.”